GUIMARAES

Moi perto de Braga atópase a cidade de Guimaraes en donde o século XVIII deixou interesantes edificacións. André Soares fíxose cargo da igrexa de S. Gualter en 1769 (foi rematada no século XIX) realizando o corpo da mesma na que destacan a súas paredes ondulantes. Outras notables obras da localidade son as fachadas feitas na igrexa de Santo Domingo en 1770, no Convento da Costa e no Convento de Santa Clara (hoxe casa do concello). Sinalar tamén a igrexa de S. Francisco e o convento de S. Antonio dos Capuchos, este con tallas e azulexos historiados no seu interior.

Casa dos Lobo Machado

No Barroco civil de Guimarâes temos o pazo de Vilaflor, iniciado no século XVII para a familia dos Carvalhos e decorado coas estatuas dos primeiros reis de Portugal e a soberbia fachada da Casa dos Lobos Machado da segunda metade do século XVIII.

No hay comentarios:

Publicar un comentario