Pinturas de Nasoni na Sé de Lamego
Igrexa de Nossa Senhora dos Remedios
Outra edificación ainda será do noso interés por ser unha fantástica arquitectura paisaxística, a igrexa de Nossa Senhora dos Remedios. Iniciouse en 1750 e en 1776 facíano as monumentais escaleiras que recordan as do Bom Jesús en Braga. Parece que o proxecto que atribuía a autoría a Nasoni foi destruido nun incendio. A construcción foi moi lenta polo que debemos pensar que unha parte dos seus motivos barrocos foran elaborados en épocas posteriores, ainda que non por isto deixa de ter unha innegable beleza. Presenta dous corpos, o primeiro con grandes pilastras que enmarcan distintas portadas, vanos decorados e ventás adornadas con pinxantes. O segundo corpo aparece delimitado por un forte cornisamento, dispón dun movido frontón sobre o que se apoian os catro evanxelistas e a cada lado érguense duas esbeltas torres realizadas en 1880 e 1905 respectivamente. Todo o conxunto está favorecido polo contraste entre o granito e a cal branca. O interior articúlase entorno a unha nave única con capela maior segundo o modelo máis frecuente no país. Neste conxunto monumental ou sacromonte chama a atención a gran escaleira. Certamente ten unha dimensión pouco común e nela podemos atopar fontes, capelas e patios entre os que sobresae o Patio dos Reis que no seu centro dispón dun obelisco sostido por atlantes. Non debemos abandoar a arquitectura relixiosa lamecense sen mencionar o Pazo Episcopal e a súa elegante fachada realizada en 1776.
Atendendo á arquitectura civil e á sombra da prosperidade da exportación dos viños do Douro, serán numerosas as casas solaregas que se van construir no estilo “moderno”. O gusto imperante no século XVIII marcará a fisonomía de moitas de estas construccións. As súas características comúns son en primeiro lugar a combinación de granito e cal que proporcionaba un forte contraste e permitía unha mellor observación do traballo de canteiría. O granito visualizábase nas altas pilastras dos ángulos preferentemente, nas grandes cornisas, nas ventanas molduradas e tamén é frecuente a presencia de balaustres en pedra. No interior mostran notables teitos de castaño. Cando teñen capela esta sitúase nun extremo da fachada e adoita destacar por unha maior concentración decorativa.
Casa das Brolhas (1777)
En Lamego sinálase a Casa das Brolhas de 1777 mentras que por todo o val do Douro están espalladas moitas edificacións entre as que destacan a Casa da Soenga de 1779 e ubicada en Resende, a Casa de Almendra, o Solar da Rede, a Casa do Cabo en S. Joâo da Pesqueira ou o Solar dos Lemos en Vila Flor.
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario