O PROTOBARROCO

En contraste coa riqueza ornamental do Manuelino, comenza a arquitectura barroca no país veciño a finais do século XVI cunha propensión á desornamentación que co tempo irá evolucionando hacia unha maior complexidade ata desembocar nun exhuberante século XVIII. Rematado o século XVI e iniciándose o século XVII, baixo o reinado de Felipe II, Portugal permanece estilísticamente no ámbito hispánico. A esfera artística está dominada por un italiano, Felipe Terzi, que traballará en Portugal desde 1576 ata 1597 e o reinado de Felipe II é relativamente tranquilo ata 1620. Mellora a economía, a administración e o progreso material favorecen unha maior edificación. Terzi acode chamado por esta prosperidade e desenvolve un estilo desornamentado, próximo a Vignola ou Herrera. Descrito por George Kluber no seu libro Portuguese Plain Architecture* como “plain style” ou “estilo châo”, caracterízase pola súa nudez, a falta de relevo e a escasa presencia da liña curva.


Exemplo de igrexa caixón ou telescópica






As igrexas adoptan a forma dun gran caixón que pode dispor de capelas laterais sobre as que aparecen ventás, en ocasións a modo de balcóns. A esta nave, en palabras de Chueca Goitia, engádeselle telescópicamente un presbiterio ou altar dando lugar a un esquema repetido no país ata un extremo pouco común. En concreto vese a man dos xesuitas que tiveron un papel destacado na arquitectura relixiosa do século XVII e que preferían plantas que axudasen á predicación e en consecuencia ás súas ensinanzas. A obra de Terzi cínguese especialmente a Lisboa e ainda que traballou algo na área que nos ocupa, serán os seus seguidores quen leven as súas ensinanzas ó Norte. Aquí desenvolverase a partir de entón un Barroco singular con dous centros importantes, Porto e Braga e con extensións en Guimarâes, Lamego, Vila Real ou Viana do Castelo. Mentras, o Sur entraría no ámbito italo-xermánico da man do arquitecto alemán Ludwing ó iniciar o pazo-convento de Mafra. O país emprendía dous camiños artísticos ben diferentes sendo o do Norte moito máis orixinal.
Comenza este Barroco pola cidade do Porto e máis concretamente no convento da Serra do Pilar donde Joâo López e Jerónimo Luis realizán o claustro en 1576-1583 e a igrexa en 1598. Adopta a planta de igrexa-caixón pero neste caso con forma circular, capelas laterais e ventás sobre elas e co altar engadido nun extremo, segundo o esquema definido por Kluber.




S. Lorenzo ou Os Grilos (Porto)



De esta época temos un magnífico exemplo na igrexa de S. Lorenzo, tamén coñecida coma Os Grilos que iniciada en 1573 dispón dunha soberbia fachada construida en 1622 da que se descoñece o seu autor. Presenta tres eixes separados por pilastras destacando o central máis alto mentres os laterais introducen obeliscos nos seus frontóns partidos seguindo o gusto flamenco. Pensemos que o Virrey de Portugal con Felipe II fora nomeado Gobernador dos Paises Baixos. O Barroco galego poidera estar en débeda con esta obra debido ó seu marcado relevo e a presencia de dúas grandes volutas no segundo corpo, elemento frecuente na plástica galega. Por outra banda o seu parecido coa Sé Nova de Coimbra é indudable. Aínda outra igrexa nesta cidade, S. Joâo Novo, presenta as mesmas características pero máis acusadas.




S. Bento da Vitoria (Porto)


Seguidores de Terzi, esta vez sí coñecidos, Baltasar Alves e Diego Marques comenzan a deixar atrás a comesura do italiano. Así, Diego Marques realiza no Porto a igrexa de S. Bento da Vitoria a cuia fachada dota dunha gran superficie na que alterna dobres pilastras e ventás con frontóns rectos e curvos. A presencia de animados pináculos parecen querer romper coa desornamentación anterior. Baltasar Alves encárgase de engadir a capela maior na catedral en 1606 consistente nunha bóveda de medio canón cunha composición colorista a base de alternar granito e mármore.
Segundo avanza o reinado de Felipe II, a prosperidade vai declinando. As minas de prata españolas mostran síntomas de esgotamento e o imperio vese implicado en numerosos conflictos. Os reinados de Felipe III e Felipe IV sumerxen a Portugal nunha situación económica caótica. As súas colonias na India atopábanse en condicións lamentables mentres a costa de Guinea estaba dominada polos extranxeiros. Un informe de 1657 mostraba unha facenda en bancarrota e a reforma económica que se levará a cabo fracasará. Á falla de capitais engádese a de materias primas e unha desorganización xeral polo que a actividade constructiva entrará nunha fase de ralentización. A búsqueda de ouro en Brasil durante máis dun século non dera os resultados esperados. Por outro lado a competencia internacional e os ataques frecuentes dificultaban o comercio coa colonia.
Durante moito tempo, Portugal dispuxera de factorías en Brasil sen avanzar no dominio do continente realizando só un dominio costeiro. A capital, Salvador, mantiña unha gran similitude arquitectónica co “plain style” da metropoli. Un feito vai dar un xiro enorme a toda esta situación, o descubrimento de ouro a finais do século XVII en Minas Gerais. Era ouro de aluvión cuia recollida se realizaba en superficie. Este achado será un revulsivo en ambas direccións xa que trasladábase unha enorme riqueza a Portugal e prodúcese unha gran emigración hacia esa rexión brasileira. É neste contexto no que se vai desenvolver no Norte de Portugal un Barroco que poderíamos calificar de serodio, moito máis dinámico e que tamén deixará en Brasil obras de extraordinaria orixinalidade como a igrexa de S. Francisco en Ouro Preto, atribuida ó Aleijadinho.
Portugal coñecerá un excepcional século XVIII ata o punto que marcará en gran medida a súa fisonomía arquitectónica. Desde igrexas a casas solaregas pasando por pazos e mosteiros, todo participa deste periodo de prosperidade que encarna o rei Juan V de Braganza (1706-1750). O seu longo reinado e a riqueza afluinte do Brasil facilitarán un século fecundo para as artes. Estímase que máis de duas mil toneladas de ouro puideron haber chegado ó que se lle suman as minas de diamantes descubertas a partir de 1730. Na colonia xorden extraordinarios edificios barrocos, hoxe recoñecidos pola Unesco como Patrimonio da Humanidade en cidades de nova creación como Ouro Preto, Sabará, Mariana ou S. Joâo d´El Rei. Ó ouro de Minas Gerais engádenselle novos descubrimentos auríferos en Goiás e Mato Grosso. Na metrópoli increméntanse as construccións suntuarias e a corte de Juan V absorbeu gran parte destas riquezas non vendo o resto da poboación grandes progresos. Deixando de lado as grandes obras que ordenou o monarca en Lisboa e arredores (pazo-convento de Mafra), será o Norte do país quen presente unha maior orixinalidade. Antigas igrexas góticas toman un novo aspecto ó verse revestidas de traballos dourados. A madeira, preferentemente o castiñeiro, escúlpese e dourase dando lugar o que se coñece como “talha”. Lévanse a cabo magníficos retablos nos que se instalan altares escalonados en forma de tronos.


* O libro de George Kluber, Portuguese Plain Architecture - Beetween Spices and Diamonds (1521-1706) foi traducido ao portugués e publicado en 2005 pola editora Vega como A Arquitectura Portuguesa Chã - Entre as Especiarias e os Diamantes (1521-1706).

No hay comentarios:

Publicar un comentario