O BARROCO NATURALISTA: BRAGA

En paralelo a cidade de Porto destacará a forte personalidade do Barroco bracarense. Ben coñecido por Germain Bazin, o que tantos anos fora conservador xefe do Museo do Louvre e home moi interesado pola arquitectura Barroca do Brasil colonial, prestou unha importante atención ó Barroco de Braga na Revista da Academia de Belas Artes de Lisboa. Tamén admirado por Victor L. Tapié que con motivo dun congreso celebrado nesa cidade en 1973 tivo a ocasión de coñecelo “in situ”. É unha arquitectura que manifesta unha gran orixinalidade e atópase xa dentro da linguaxe do Rococó. Foi moi favorecida polo mecenazgo dos arcebispos da cidade e chegou a contar cunha verdadeira escola. Mentres no Porto as obras destacaban pola súa linealidade, en Braga prima a sinuosidade e a opulencia das formas. Lamentábase Chueca Goitia que se descoñecesen os autores de obras tan singulares pero estudios levados a cabo recentemente no Arquivo Ditristal de Braga permitiron coñecer ós artistas de cuias mans sairon tan magníficas realizacións. O mesmo tempo permitiu completar e revisar as conclusións ás que chegara Robert Smith, o gran investifador destas edificacións.




Igrexa de S. Vicente

Iníciase o Barroco en Braga coa igrexa de S. Vicente. De pequenas dimensións, foi construida en 1565 no lugar donde existía outra anterior. O seu aspecto actual debe moito á reforma de 1691 e destaca a súa ornamentada fachada. En 1742, José Ribeiro Lago engadiulle a torre da cabeceira.



Igrexa da Falperra

Máis interese ten a presencia dun arquitecto excepcional hacia mediados do século XVIII, André Soares (1720-1769). Á súa inventiva corresponden os diseños máis innovadores e sen paralelismos coñecidos na península. A igrexa de Santa Maria Madalena da Falperra foi de lenta execución, encargada inicialmente en 1693 a Domingos da Silva, foi sustitiudo en 1696 por Domingos Moreira e en 1699 por Manuel Fernández da Silva. A súa extraordinaria fachada realizouse en 1753 baixo a concepción de Soares e o labor dos canteiros de Barcelos, Joâo Rodrigues e Domingos Álvares. Nun espacio admirable presenta duas torres pero que non sobresaen máis alá do corpo central. A porta principal únese a unha ventá e esta a unha hornacina, todo enmarcado por poderosas molduracións e coroado por un frontón curvo. En 1758, sería o canteiro pontevedrés José Farto, exemplo de intercambio rexional de artistas, quen se encargaría dos tres patios segundo as ideas de Soares.


Pero a obra de Soares ten tamén unha dimensión civil na Casa do Raio e a Casa da Cámara. Ambas gardan unha estreita similitude e comparten a gran orixinalidade do seu deseño. A Casa da Cámara foi iniciada en 1753 por Francisco Mendes como Casa da Audiencia segundo un proxecto de Soares. En 1756, o galego José Farto, canteiro prolífico en Braga, realizaba as pedras de armas situadas enriba das portas das duas salas superiores, sempre seguindo as ideas do arquitecto. Unhas fortes pilastras dividen a fachada en tres panos ocupando a entrada o central cunha viva molduración sobre a que descansa unha hornacina que á súa vez enlaza cun frontón curvo.




Casa do Raio


Na Casa do Raio (1754-1756), tamén coñecida coma do Mexicano, André Soares leva a cabo un esquema moi similar a anterior ainda que con unha maior riqueza decorativa. Unhas dobres pilastras a cada lado enmarcan a fachada e as ventás envólvense cun destacado marco. Sobresae a exhuberante entrada e o balcón que sobre esta se asenta. O palacete remátase cunha balaustrada na que son visibles grandes xarróns e un pequeno frontón borrominesco no centro. O contraste entre a cor cinza do granito e o paramento vese mitigado ó atoparse este recuberto de azulexo azul, algo que non acontecía na Casa da Cámara, onde a cal branca permitía destacar o traballo da canteiría. Germain Bazin ve nestas realizacións de Soares un gusto polo naturalismo e recoñéceo como creador dun estilo propio dentro do Barroco europeo.
Seguidamente Braga entraría pola senda dun Barroco clasicista no que terá una gran responsabilidade Carlos Amarante, arquitecto local nacido en 1748. Este gusto máis contido é antesala do Neoclasiscismo que se aveciña e garda un paralelismo co acontecido no Porto. Ademáis, o Marques de Pombal, que leva a dirección do Estado, impono como oficial. Este academicismo é máis severo no Porto que en Braga en onde se fan ainda certas concesións ó modelo anterior.



Hospital de S. Marcos



Uns bos exemplos témolos no Hospital de S. Marcos, na igrexa de Bom Jesús do Monte e no convento de Pópulo, todas elas obras de Amarante. No Hospital de S. Marcos a súa fachada central abombada realizada en 1788 recórdanos as igrexas que Neumann , Erlach ou Hildebrandt deixaron por Centroeuropa. A ornamentación das súas ventás, as balaustradas con esculturas e a presencia de flameros falan unha linguaxe barroca. Será a igrexa de Bom Jesús a que exprese un clasicismo máis definido. Iniciada en 1784 e rematada en 1811, presenta no seu interior unha planta de cruz latina. O clasicismo revélase na portada principal con catro columnas toscanas que soportan un longo balcón e teñen correspondencia con outras catro pilastras xónicas no corpo superior. Toda a súa decoración está contida e só se permiten algúns detalles como a colocación de flameros. Un notable exercicio de arquitectura paisaxística son as súas monumentais escaleiras con capelas e esculturas que gardan símil coas da Nossa Senhora dos Remedios en Lamego. O traballo de Amarante, ó igual que acontecera con Nasoni, tivo unha enorme influencia na rexión. Como outra obra reseñable en Braga quédanos a igrexa do Pópulo, comenzada no século XVI, a súa fachada foi transformada totalmente polo arquitecto bracarense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario