A arquitectura barroca do Norte de Portugal ocupa un espazo xeográfico moi cercano pero non por iso mellor coñecido. Iniciada no ámbito hispánico pronto avanzou por un camiño autónomo. O emprego do granito, un material común con Galicia, e o intercambio de artistas entre ámbalas dúas rexións, deulle certas afinidades aparentes.
Foi o Barroco un estilo que recorreu amplos espazos. Desde os seus comenzos en Roma uniu o seu destino ás necesidades do Concilio de Trento. Si ben se estendeu ata Rusia e foi adoptado incluso pola burguesía protestante, a súa esencia é de forte base rural. O seu carácter suntuario faino dependente de certa prosperidade económica e estabilidade social. O éxito que tivo en Italia non puido estenderse a Centroeuropa ata finalizada a Guerra dos Trinta Anos. En Portugal, país católico e rural e polo tanto favorable á Contrarreforma, os condicionamentos económicos e a chegada de artistas italianos van ter un papel fundamental no seu desenvolvemento.
O Gótico experimentara unha importante mutación en tempos de D. Manuel na época dos Descubrementos. A chegada de enormes cantidades de especias a comenzos do século XVI melloraran as arcas do país. Participando do Flamíxero e incorporando elementos da arte mourisca, deu lugar ó Manuelino. Si o Barroco é propenso á suntuosidade ornamental e sonlle comúns aspectos como dinamismo, luz e sombra, o Manuelino e o seu gusto polo fantasioso, constituía un bo fundamento para o posterior desenvolvemento de manifestacións plásticas similares. É un feito significativo que Eugenio D´Ors, nunha das xuntanzas celebradas en Pontigny con fin de clarexar o concepto de Barroco defendese a tese de que este termo é un eón que se repite en tódalas épocas e que a ventá do convento do Cristo de Tomar contiña tódalas características do estilo. O Manuelino para D´Ors sería o primeiro Barroco europeo.
Ventá manuelina en Tomar
Aínda que non temos por que estar de acordo coa súa afirmación, non por iso Victor Tapié a rechazou plenamente, sendo innegable que Portugal estaba en condicións favorables para aceptar este novo estilo caracterizado pola complexidade das súas formas. Non obstante, a linealidade Manuelino-Barroco non debe ser entendida en sentido estricto xa que pasará por diversas etapas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario