OUTRAS LOCALIDADES

Palacio de Mateus en Vila Real


Na localidade de Vila Real atópase o Solar de Mateus. Atribuido a Nasoni foi levado a cabo entre 1739 e 1743 mostrando a tradicional planta en U das vilas italianas. O pazo presenta dúas alas idénticas entorno a un pequeno patio no que a fachada central acolle unhas suntuosas escaleiras. Disponse no tellado duns xigantescos pináculos que contribuien a facer máis elevado o edificio. Seguindo a tradición colócase a capela nun extremo. Esta ten unha notable fachada que garda gran parecido coa igrexa dos Clérigos tamén en Vila Real.


Palacio dos Távoras en Mirandela


A medida que nos diriximos cara o Leste as construccións suntuarias do século XVIII disminuen en cantidade e calidade. En Mirandela atópase o pazo dos Távoras, familia caida en desgracia tras verse implicada nun frustado intento de rexicidio. Componse de tres corpos, o central máis elevado pero todos rematados con frontóns curvos e volutas, a cuios lados colócanse enormes piñóns.

Igrexa da Misericordia en Chaves

En Chaves todavía podemos contemplar unha interesante obra do setecentos, a igrexa da Misericordia. Ten a caraterística pouco común en Portugal de mostrar oito columnas salomónicas na fachada distribuidas en dúas órdes. O interior de nave única, está completamente revestido de azulexo e destaca o teito de madeira (forado) pintado en 1743. Dentro de Chaves podíamos nombrar dentro do estilo que nos ocupa a igrexa de S. Joâo de Deus ainda que xa mostre algúns elementos neoclásicos.



Capela dos Malheiros en Viana do Castelo


Tamén en Viana do Castelo deixou a súa pegada o gran artista bracarense André Soares, arquitecto dotado dunha notable creatividade. Levou a cabo a capela da Casa dos Malheiros en 1758, situada nun extremo como era frecuente neste tipo de edificacións e onde a súa rica fachada contrasta coa austeridade do pazo. A portada da capela garda similitudes coas realizadas por Soares para a Casa do Raio e da Cámara en Braga. Unha exhuberante ventá enlaza dita portada co frontón. As pilastras que enmarcan a fachada aparecen rematadas por flameros, elemento moi recurrente na plástica barroca portuguesa.




Nossa Senhora da Lapa en Arcos de Valdevez



Soares aínda tería tempo para ocuparse da capela do Rosario na igrexa de Santa Cruz asi como da igrexa da Nossa Senhora da Lapa (1765) en Arcos de Valdevez que garda unha asombrosa relación formal coas que se poden atopar no barroco mineiro brasileiro. En Viana, o comercio do azucar do Brasil primeiro e do ouro despois favoreceu unha renovación constructora na cidade e son moitas as obras que testifican aquela prosperidade.
Os vales entre o Miño e o Lima serán testigos da instalación de magníficos solares. Con marcadas torres nas esquinas empregando o contraste granito-cal, son bos exemplos o pazo de Calheiros e a Casa da Torre en Ponte de Lima ou o pazo da Gloria en Arcos de Valdevez. Entre eles sobresae o pazo da Brejoeira. Dedicados ó comercio do viño, os seus propietarios levarán a cabo a construcción máis suntuosa. Presenta unha torre en cada esquina e un destacado corpo central que enmarca a entrada. Na súa fachada vótase en falta unha maior altura o que lle resta categoría. O seu interior é moi rico, amplas escaleiras, teitos decorados e mobles dan conta do seu poder económico. Mateus, Brejoeira e Freixo son os pazos mais notables do norte de Portugal neste período.
Tras iste percorrido pola arquitectura do Norte de Portugal vemos como tras iniciarse nun Barroco clásico avanzou progresivamente ata outro tardío ou Rococó no que as obras abríanse á asimetría e á nova gramática proporcionada pola rocalla, as guirnaldas, as volutas ou as cunchas, convivindo ambos estilos en armonia, ó contrario do que acontecía na Europa e fronte á penetración do Neoclasicismo que impuña o Marqués de Pombal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario