
Foi o Barroco un estilo que recorreu amplos espazos. Desde os seus comenzos en Roma uniu o seu destino ás necesidades do Concilio de Trento. Si ben se estendeu ata Rusia e foi adoptado incluso pola burguesía protestante, a súa esencia é de forte base rural. O seu carácter suntuario faino dependente de certa prosperidade económica e estabilidade social. O éxito que tivo en Italia non puido estenderse a Centroeuropa ata finalizada a Guerra dos Trinta Anos. En Portugal, país católico e rural e polo tanto favorable á Contrarreforma, os condicionamentos económicos e a chegada de artistas italianos van ter un papel fundamental no seu desenvolvemento.
O Gótico experimentara unha importante mutación en tempos de D. Manuel na época dos Descubrementos. A chegada de enormes cantidades de especias a comenzos do século XVI melloraran as arcas do país. Participando do Flamíxero e incorporando elementos da arte mourisca, deu lugar ó Manuelino. Si o Barroco é propenso á suntuosidade ornamental e sonlle comúns aspectos como dinamismo, luz e sombra, o Manuelino e o seu gusto polo fantasioso, constituía un bo fundamento para o posterior desenvolvemento de manifestacións plásticas similares. É un feito significativo que Eugenio D´Ors, nunha das xuntanzas celebradas en Pontigny con fin de clarexar o concepto de Barroco defendese a tese de que este termo é un eón que se repite en tódalas épocas e que a ventá do convento do Cristo de Tomar contiña tódalas características do estilo. O Manuelino para D´Ors sería o primeiro Barroco europeo.

+1.jpg)



Igrexa da Misericordia 
.jpg)
.jpg)



.jpg)
.jpg)





.jpg)